Wednesday 15 de May de 2024

Ábrese novamente a vehículos e peóns a rúa Parque


Tras varios días de obras investíronse un total de 50.000 euros para a mellora e arranxo de beirarrúas

Tras dúas semanas de obras esta mañá volveuse a abrir ao tráfico rodado e peonil a rúa Parque, na vila de Ordes. A concellería de Obras, encabezada por Beatriz Martínez, investíu preto de 50.000 € para a pavimentación das beirarrúas. Cifra cofinanciada nun 80% polos fondos FEADER, aprobados pola Xunta.

O deterioro desta zona dificultaba considerablemente o correcto tránsito, sobre todo para aquelas persoas con algún tipo de diversidade funcional e que precisan dalgún elemento ortopédico para os seus desprazamentos. Neste sentido o proxecto incluíu a construción dunha nova beirarrúa con rampla, co que se puideron eliminar as escaleiras de acceso aos soportais da zona. Por outra banda tamén se mellorou o pavimento da beirarrúa que bordea o parque Félix Rodríguez de la Fuente pola rúa O Recreo, ademais de proceder co repintado da estrada.